O New York Times xa gana máis directamente grazas aos seus lectores que pola vía da publicidade.
Fálase
O semanario económico británico The Economist dedícalle unha gráfica portada a España para ilustrar unha ampla reportaxe sobre a crise no Estado
O Consello de Ministros dá luz verde este venres á Lei de Transparencia, que inclúe sancións para os cargos públicos que non cumpran a lei de estabilidade orzamentaria e que considera máis grave non destinar o superávit a pagar débeda que cometer abuso de poder
O paro rebenta todos os rexistros no segundo trimestre do ano. Xa hai 5,7 millóns de persoas sen traballo en todo o Estado, segundo a enquisa de poboación activa, o que equivale a unha taxa do 26,63%
As verbas do presidente do BCE, Mario Draghi, que deron lugar unha relaxación dos mercados financeiros ocupan a práctica totalidade das portadas dos diarios impresos de hoxe. En Galicia comparten protagonismo coa comparecencia de Julio Fernández Gayoso no Congreso dos Deputados.
O Goberno portugués prepara unha "lista negra" de cidadáns que deban máis de 75 euros de luz ou gas. Cóntao Público
Elena Salgado defende a reestruturación financeira e asegura que o Goberno "tomou as decisións que lle correspondía tomar". A ex ministra de Economía lembra que as medidas fixéronse contando "con todos e co Banco de España".
O Concello de Lugo adianta que a súa conta xeral do ano 2011 pechou cun superávit de 5,8 millóns de euros. O PP da cidade aseguraba que o déficit do goberno municipal superaba os 11 millóns.
Rajoy reúnese con Toxo e Méndez sete meses despois de chegar ao poder e logo de que estes se reunisen con Merkel. O presidente do Goberno mantivo unha xuntanza cos secretarios xerais de CCOO e UGT, que manteñen as mobilizacións contra o Goberno.
Draghi asegura que o BCE fará "todo o posible" para salvar o euro e inclúe a posibilidade de actuar para conter os elevados custos de financiamento dos estados.