O Concello de Lugo adianta que a súa conta xeral do ano 2011 pechou cun superávit de 5,8 millóns de euros. O PP da cidade aseguraba que o déficit do goberno municipal superaba os 11 millóns.
Fálase
Rajoy reúnese con Toxo e Méndez sete meses despois de chegar ao poder e logo de que estes se reunisen con Merkel. O presidente do Goberno mantivo unha xuntanza cos secretarios xerais de CCOO e UGT, que manteñen as mobilizacións contra o Goberno.
Draghi asegura que o BCE fará "todo o posible" para salvar o euro e inclúe a posibilidade de actuar para conter os elevados custos de financiamento dos estados.
#consellodaxunta Feijóo evita valorar as declaracións de Gayoso no Congreso pero suxire que si tiña que coñecer a auditoría encargada pola Xunta a KPMG sobre as antigas caixas.
#consellodaxunta Feijóo ratifica que o PP seguirá adiante en solitario para deixar o Parlamento en 61 escanos para a vindeira lexislatura
#consellodaxunta Feijóo garante que Galicia está "en condicións" de non superar a final de ano o 1,5% de déficit, límite fixado polo Estado para as autonomías en 2012
#consellodaxunta A Xunta subscribe o convenio con Defensa para a actuación de efectivos militares -un mínimo de 23 patrullas- na loita contra incendios e outro coa Fegamp, para os Grumir de 46 concellos.
#consellodaxunta O Consello da Xunta aproba as novas bases do concurso de licenzas de radio FM, que quedara deserto tras "mudar as normativa estatal". Resolverase "nun prazo máximo de seis meses".
#consellodaxunta A Xunta incorpora ao consello reitor da Escola Galega de Administración pública aos profesores da USC Roberto Blanco Valdés e Ángel Gómez Iglesias
#consellodaxunta A Xunta rebaixa un 7% a orde que regula o valor da vivenda a efectos fiscais. Afecta, segundo Feijóo, ao "83% da poboación", que pagará "o xusto" en impostos ao adquirir unha vivenda, di.