#consellodaxunta A Xunta rebaixa un 7% a orde que regula o valor da vivenda a efectos fiscais. Afecta, segundo Feijóo, ao "83% da poboación", que pagará "o xusto" en impostos ao adquirir unha vivenda, di.
Fálase
#consellodaxunta O Consello aproba a creación da Axencia de Turismo de Galicia, que agrupa a todos os órganos turísticos do Goberno, como o Xacobeo e Turgalicia.
O cantante Tom Jones suspende por enfermidade o seu concerto en Santiago, previsto para esta noite. Celebrarase en agosto.
O socialista Cortizo ataca con dureza a Gayoso. "Esta comparecencia é unha tomadura de pelo. A este paso, os antidisturbios do Congreso non nos chegan, fará falta un foso con tabeiróns financeiros, que son máis perigosos".
O ex presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Dívar, que cesou no cargo polo pagamento de viaxes privadas con fondos públicos, recibirá unha indemnización de 208.000 euros en dous anos. Cóntao La Información.
Gayoso defende a súa xestión á fronte de Caixanova e presume de obra social e de resultados da entidade viguesa durante a comparecencia no Congreso. Elude falar da súa xestión como presidente de Novacaixagalicia.
Grenlandia perde o 97% da superficie cuberta polo xeo en tan só catro días, advirte a NASA. Cóntao The Guardian.
Gayoso comeza a súa comparecencia no Congreso lembrando que leva "seis anos fóra" de Caixanova, que xa non é copresidente de Novacaixagalicia e que nunca tivo funcións executivas.
Artur Mas volveu cargar contra Galicia ao asegurar que a Generalitat estaría en boa situación económica se recibise a mesma solidariedade que a Xunta por parte do Goberno. O president denuncia trato de favor ao Executivo galego.
Boa parte dos diarios impresos estatais e cataláns dedican as súas primeiras páxinas á votación a prol do pacto fiscal que celebrou onte o Parlament de Catalunya. Mentres, La Razón calcula que a reforma electoral que prepara o Goberno central en Euskadi lle daría tres escanos máis ao PP.