Gayoso defende a súa xestión á fronte de Caixanova e presume de obra social e de resultados da entidade viguesa durante a comparecencia no Congreso. Elude falar da súa xestión como presidente de Novacaixagalicia.
Fálase
Grenlandia perde o 97% da superficie cuberta polo xeo en tan só catro días, advirte a NASA. Cóntao The Guardian.
Gayoso comeza a súa comparecencia no Congreso lembrando que leva "seis anos fóra" de Caixanova, que xa non é copresidente de Novacaixagalicia e que nunca tivo funcións executivas.
Artur Mas volveu cargar contra Galicia ao asegurar que a Generalitat estaría en boa situación económica se recibise a mesma solidariedade que a Xunta por parte do Goberno. O president denuncia trato de favor ao Executivo galego.
Boa parte dos diarios impresos estatais e cataláns dedican as súas primeiras páxinas á votación a prol do pacto fiscal que celebrou onte o Parlament de Catalunya. Mentres, La Razón calcula que a reforma electoral que prepara o Goberno central en Euskadi lle daría tres escanos máis ao PP.
O diario francés Libération resume dun xeito gráfico na portada de hoxe a súa interpretación da situación financeira do Estado español: "perdidos"
Sindicatos e organizacións sociais meditan unha "folga xeral cidadá", logo de anunciar mobilizacións durante os meses de agosto e setembro contra os recortes do Goberno.
Julio Fernández Gayoso comparece este xoves a partir das dez da mañá na comisión do Congreso sobre a crise financeira. Ás 12 do mediodía tócalle a Rodrigo Rato, ex presidente de Bankia.
O Goberno central ratifica que cambiará a Lei Electoral para que poidan votar en Euskadi as persoas que marcharon a outros puntos do Estado "exiliados" polo terrorismo, explica o ministro do Interior. En El País.
Ademais de en Compostela, os actos políticos da xornada chegan tamén a Rianxo, onde o PSdeG celebra ás 12:30 a súa tradicional ofrenda a Castelao