#consellodaxunta Feijóo evita valorar as declaracións de Gayoso no Congreso pero suxire que si tiña que coñecer a auditoría encargada pola Xunta a KPMG sobre as antigas caixas.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo ratifica que o PP seguirá adiante en solitario para deixar o Parlamento en 61 escanos para a vindeira lexislatura
#consellodaxunta Feijóo garante que Galicia está "en condicións" de non superar a final de ano o 1,5% de déficit, límite fixado polo Estado para as autonomías en 2012
#consellodaxunta A Xunta subscribe o convenio con Defensa para a actuación de efectivos militares -un mínimo de 23 patrullas- na loita contra incendios e outro coa Fegamp, para os Grumir de 46 concellos.
#consellodaxunta O Consello da Xunta aproba as novas bases do concurso de licenzas de radio FM, que quedara deserto tras "mudar as normativa estatal". Resolverase "nun prazo máximo de seis meses".
#consellodaxunta A Xunta incorpora ao consello reitor da Escola Galega de Administración pública aos profesores da USC Roberto Blanco Valdés e Ángel Gómez Iglesias
#consellodaxunta A Xunta rebaixa un 7% a orde que regula o valor da vivenda a efectos fiscais. Afecta, segundo Feijóo, ao "83% da poboación", que pagará "o xusto" en impostos ao adquirir unha vivenda, di.
#consellodaxunta O Consello aproba a creación da Axencia de Turismo de Galicia, que agrupa a todos os órganos turísticos do Goberno, como o Xacobeo e Turgalicia.
O cantante Tom Jones suspende por enfermidade o seu concerto en Santiago, previsto para esta noite. Celebrarase en agosto.
O socialista Cortizo ataca con dureza a Gayoso. "Esta comparecencia é unha tomadura de pelo. A este paso, os antidisturbios do Congreso non nos chegan, fará falta un foso con tabeiróns financeiros, que son máis perigosos".