O Goberno central rectifica e reabre a anchoa no Cantábrico. Confirma que quedan por consumir polo menos 2.000 toneladas.
Fálase
Prolingua lamenta que a Feira do Moble da Estrada se anuncie só en castelán, empregue toponimia deturpada no seu dossier promocional e faga promoción co que o colectivo considera un cartel "sexista". Así o reflicten na súa web
A gran caída da bolsa chinesa provoca o devalo nos mercados bursátiles de todo o mundo. Está a contalo eldiario.es
Emilio José publica un novo traballo musical seis anos despois do seu Chorando apréndese. Pódese escoitar nesta ligazón
O porto exterior da Coruña segue sen conexións 10 anos despois. Cóntao El País nunha reportaxe na que analiza os diversos problemas do faraónico proxecto, impulsado por Aznar, Fraga e Paco Vázquez tras o desastre do Prestige.
Infolibre informa de que Feijóo leva tres anos sen publicar a súa declaración da renda. O presidente publicou en 2013, en pleno escándalo Bárcenas, as súas declaracións de entre 2008 e 2011.
O PP recupera votos pero segue lonxe da maioría e Podemos cae 2,3 puntos desde xuño. O bipartidismo segue a afianzarse, segundo unha enquisa para eldiario.es que mantén representación do BNG no Congreso.
O Banquete de Conxo chama á "confluencia para unha candidatura nacional galega sen exclusións" tras a xuntanza celebrada este domingo en Compostela. O grupo impulsor convértese en Iniciativa pola Unión. Máis información, nuns minutos en Praza.
Gómez Noya, a un paso do seu quinto Mundial de tríatlon. O galego aproveita a ausencia dos seus principais rivais para gañar con autoridade en Estocolmo.
O Goberno central propón pagar máis polo leite que merca o Estado para regular o mercado. A ministra Tejerina opta por incrementar o importe dos excedentes que adquire a Administración.