Ás seis da tarde mantense o leve incremento da participación que xa se rexistraba ao mediodía: crece catro puntos, do 47,21% de 2012 ata o 51,43%. Porén, a participación segue sendo moi inferior á de 2004 (59,5%) e 2008 (61,1%). A participación crece máis en Cádiz, Málaga e Sevilla.
Fálase
Xa se pode ver o documental Folga en Cleanet. Mulleres rachando o muro, que relata a loita destas 54 traballadoras, que sumaron máis de catro meses de folga. As empregadas recibiron hai unhas semanas o Premio 8 de marzo, que entrega a CIG.
Unha portada de Der Spiegel con Merkel entre nazis en Grecia desata unha polémica mediática. A imaxe ilustra unha reportaxe sobre a imaxe de Alemaña no resto de Europa.
Aumenta a participación nas eleccións andaluzas con respecto aos comicios de 2012. Ás dúas da tarde votara o 33,94%, fronte ao 29,29% de hai tres anos. A afluencia de votantes é maior en todas as provincias, pero especialmente en Cádiz e Sevilla. As cifras, no entanto, son inferiores ás rexistradas en 2008 (39,07%) e 2004 (40,99%)
O Dépor empatou en Riazor ante o Espanyol (0-0). Os branquiazuis suman 26 puntos, tres por riba dos postos de descenso.
Este domingo notaranse aínda os efectos da marea xigante, provocada pola aliñación do Sol, da Terra e da Lúa, o equinoccio e a proximidade do propio satélite, unhas mareas que só se producen cada 18 anos. A preamar (ao redor das cinco e media da mañá e ás cinco e media da tarde) superará os catro metros
O Celta derrotou o Levante (0-1) cun gol de Charles no últimos minutos. Os celestes aséntanse na metade da táboa, a 14 puntos da UEFA e con de vantaxe sobre o descenso. Na Segunda B, vitoria do Rácing de Ferrol (3-1 ante o Burgos) e empate do Compostela (1-1 ante o Murcia). En baloncesto, unha nova vitoria do Obradoiro (82-88 ante o Fuenlabrada), con 36 puntos de Kleber.
O propietario de Monbus, Raúl López, quedou esta noite en liberdade, pero segue imputado na Operación Cóndor e impúxoselle o pagamento dunha fianza de 20.000 euros
Andalucía vota, na que será a primeira dunha longa serie de citas electorais no Estado español ao longo do ano.
A xuíza Pilar de Lara deixa libres pero imputados a dous empregados de Monbus en Madrid. Ademais, prorroga 72 horas máis a detención do presidente da compañía, Raúl López