Os prezos baxan cinco décimas en xullo en Galicia. A taxa interanual sitúase no 2%.
Fálase
Un antiabortista será o encargado de redactar o fallo do Constitucional sobre a lei do aborto, segundo conta El País. Andrés Ollero é membro do Opus Dei e ex deputado do PP.
Un fotógrafo do Diario de Pontevedra, agredido e detido pola Policía, segundo denuncian Ponte.tv e Diario de Pontevedra. Rafa Estévez cubría a chegada dos deportistas olímpicos galegos ao aeroporto de Peinador.
Feijóo discute cun policía portugués que lle puxo unha multa por exceso de velocidade. Durante unha viaxe privada a Póvoa de Varzim, segundo conta La Regió en recolle tamén El Mundo.
Cañete recoñece que o recorte en prevención de incendios está "afectando nalgunhas comunidades". O ministro de Agricultura xustifica a súa presenza nos touros durante os lumes a que o enviou Presidencia "para acompañar o Rei".
Centos de persoas reciben os medallistas olímpicos galegos. David Cal, Gómez Noya, Begoña Fernández e Támara Echegoyen foron aclamados no aeroporto de Vigo, mentres que Sofía Toro foi recibida na Coruña, por onde luciu a súa medalla. Imaxe de @AlexCrespo5
O PSOE lanzará unha Iniciativa Lexislativa Popular se o Goberno non mantén a paga de 400 euros. Os socialistas recollerán sinaturas para levar a proposta ao Congreso.
Basagoiti pide a Rajoy que faga "todo o posible" para manter a paga de 400 euros para os parados. O presidente do PP vasco amósase a favor de que esa axuda "siga adiante".
Xa son 108 os presos de ETA en folga de fame para pedir a excarceración de Jesús María Uribetxebarria. Arnaldo Otegi tamén se uniu á protesta.
Os Xogos Olímpicos de Londres despídense cunha cerimonia chea de música, na que se repasaron os éxitos británicos dos últimos 50 anos.