Basagoiti pide a Rajoy que faga "todo o posible" para manter a paga de 400 euros para os parados. O presidente do PP vasco amósase a favor de que esa axuda "siga adiante".
Fálase
Xa son 108 os presos de ETA en folga de fame para pedir a excarceración de Jesús María Uribetxebarria. Arnaldo Otegi tamén se uniu á protesta.
Os Xogos Olímpicos de Londres despídense cunha cerimonia chea de música, na que se repasaron os éxitos británicos dos últimos 50 anos.
A Xustiza pon límites aos novos despidos da reforma laboral. Varias sentenzas anulan EREs por non estar debidamente xustificados.
Alcoa medita pechar as súas plantas de Galicia e Asturias se non hai un acordo para rebaixar a tarifa eléctrica que paga. Así o asegurou o director xeral de Industria do Principado, Luis Ángel Colunga.
Un incendio obriga a desaloxar varias aldeas do Barco de Valdeorras. O lume queimou máis de 20 hectáreas e atópase preto de varias vivendas. Imaxe de @Vegetta84
Outra medalla galega nos Xogos. Sofía Toro e Támara Echegoyen loitarán polo ouro na clase elliot de vela xunto a asturiana Pumariega. Máis info esta tarde en Praza.
A Policía entrega a citación xudicial a Sánchez Gordillo tras o seu asalto reivindicativo a un supermercado. Outros participantes na acción foron detidos xa.
A empresa galega Vieira negocia para evitar que Arxentina expropie a súa filial no país. Acúsana de adebedar salarios.
Sanidad asegura que os 'sen papeis' crónicos serán atendidos en España e pasarase a factura aos seus países de orixe. O director xeral da Carteira Básica de Servizos, Agustín Rivero, confirmouno nunha entrevista a RNE.