A Xustiza pon límites aos novos despidos da reforma laboral. Varias sentenzas anulan EREs por non estar debidamente xustificados.
Fálase
Alcoa medita pechar as súas plantas de Galicia e Asturias se non hai un acordo para rebaixar a tarifa eléctrica que paga. Así o asegurou o director xeral de Industria do Principado, Luis Ángel Colunga.
Un incendio obriga a desaloxar varias aldeas do Barco de Valdeorras. O lume queimou máis de 20 hectáreas e atópase preto de varias vivendas. Imaxe de @Vegetta84
Outra medalla galega nos Xogos. Sofía Toro e Támara Echegoyen loitarán polo ouro na clase elliot de vela xunto a asturiana Pumariega. Máis info esta tarde en Praza.
A Policía entrega a citación xudicial a Sánchez Gordillo tras o seu asalto reivindicativo a un supermercado. Outros participantes na acción foron detidos xa.
A empresa galega Vieira negocia para evitar que Arxentina expropie a súa filial no país. Acúsana de adebedar salarios.
Sanidad asegura que os 'sen papeis' crónicos serán atendidos en España e pasarase a factura aos seus países de orixe. O director xeral da Carteira Básica de Servizos, Agustín Rivero, confirmouno nunha entrevista a RNE.
A galega Teresa Portela accede á final de K-1 200 metros. Buscará outra medalla galega en piragüismo nos Xogos de Londres.
O vicepresidente da CEOE, condenado por rebaixas de soldo inxustificadas. A empresa está obrigada a restablecer as antigas condicións de traballo.
As bases de Anova debaterán a creación dunha fronte electoral ampla para presentarse ás eleccións autonómicas. Pretenden unha "unidade de acción" ante a "involución democrática".