Este luns recóntase o voto emigrante coa dúbida de se o PSdeG é quen de acadar o seu escano 15 e adiantar a En Marea. Neste momento o derradeiro escano en Ourense corresponde ao PP por só 135 votos. Os socialistas necesitan obter a terceira parte dos sufraxios exteriores que os populares teñan na provincia máis eses 135 votos. Cos datos do 26X e o 20D, quedarían ás portas.
