A XXXIV Semana Galega de Filosofía que se celebrará en Pontevedra do 17 ao 21 de abril, estará dedicada á saúde. Intervirán, entre outras persoas, Tom Kucharz, Guillermo Rendueles, Ángeles Maestro, Margarita Boladeras ou Maribel Blázquez
Fálase
O Celta enfrontarase ao Genk belga nos cuartos de final da Europa League. A ida xogarase o 13 de abril en Balaídos e a volta o xoves 20 en Genk.
ETA anuncia o seu desarme total para o 8 de abril, segundo avanza Le Monde, que adianta que o Goberno vasco recibirá un listado dos zulos en que permanece o armamento. Está a contalo El Diario Norte
Persoal de telemarketing leva a cabo este venres unha nova xornada de folga en demanda de melloras no convenio colectivo. As traballadoras e traballadores de Extel e Atento, subcontratas de Movistar, concentraranse na Coruña (Obelisco) ás 12 horas
O Teatro Colón suspende o espectáculo de Jorge Cremades na Coruña, previsto para o 25 de marzo, segundo veñen de anunciar responsables do espazo, do Concello e da Deputación. O evento programado para Vigo fora xa suprimido por Afundación como consecuencia do contido machista da representación e das críticas recibidas.
Javier Aguilera, ex-director do Igape, ficha polo sector privado dous meses despois de deixar o cargo. Incorpórase a Windone Consultores, a empresa creada recentemente por Carlos Negreira.
Público analiza nesta peza o pensamento machista de Rousseau, Kant, Schopenhauer, Freud ou Aristóteles, entre outros, destacando que "lexitimaron a subordinación das mulleres". A crítica deixa fóra a Engels e outras escasas excepcións
Primeira condena xudicial por tuits catalanófobos. Un internauta acepta unha pena de 8 meses de prisión por publicar burlas sobre as vítimas catalás do accidente aéreo de Germanwings
Zaragoza aprobará a interposición dunha demanda civil para tentar revogar as inmatriculacións da catedral da Seo e da iglexa da Magdalena, pedindo que se determine que eses dous edificios son públicos e non da Igrexa. Converterase na primeira cidade española que dispute a propiedade dunha catedral
España, entre os países de Europa con menos escola pública e máis concertada. O 68% do alumnado escolarizado en España acode a un centro público, mentres que a media en Europa é do 81%. A Igrexa controla o 60% destes centros privados con prazas subvencionadas