A cadea humana polo dereito a decidir que o vndeiro 8 de xuño unirá Durango e Pamplona suma xa 60 mil participantes inscritos. Está organizada polo grupo soberanista Gure esku dago (Está na nosa man).
Fálase
Rajoy anuncia unha rebaixa do imposto de sociedades do 30% ao 25%, entre outras medidas coma a renovación do plan PIVE para a compra de vehículos e "un novo paquete de medidas para favorecer o emprego"
Centos de veciños forman unha gran cadea humana para reconstruír o centro social Can Vies. Os concentrados para apoiar a acción berraron mensaxes pedindo a liberdade para os detidos nos últimos días.
Lugo acolle o primeiro encontro das Confederacións de Asociacións Veciñais de Galicia e Castela e León. Jesús Vázquez, presidente de Cogave, destacou que en xuño se iniciarán as reunións veciñais para elaborar os primeiros orzamentos participativos dunha Deputación en España: a de Lugo no 2015.
Xosé Manuel Budiño, gañador dos XIII Premios Opinión de Música Folk, tanto na categoría de mellor disco (Sotaque) coma na de mellor canción (Déixame adiviñar). Alonso Caxade foi elixido mellor artista do ano, nuns galardóns que tamén recoñeceron a traxectoria de Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular galego.
O Dépor pelexará polo ascenso a partir das sete da tarde. Abóndalle con empatar en Riazor ante o Jaen (ou que Las Palmas e Sporting non gañen os seus partidos).
A Plataforma Sarriana polo Río presentou unha denuncia ante a Consellaría de Medio Ambiente contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as empresas concesionarias da obra encanamento do río Sarria por infrinxir a Lei de Conservación da Natureza
Faro de Vigo entrevista José Manuel Estévez, voceiro da plataforma de afectados polas preferentes de Vigo, a piques de disolverse: "Os afectados de preferentes que protestamos recuperamos os cartos; se hai xente pendente, tócalles saír a pelexar"
El Diario entrevista Glenn Greenwald, o xornalista que desvelou a espionaxe global da NSA a partir dos documentos de Edward Snowden. Denuncia que a NSA "planea usar información privada para destruír a reputación de certas personas", principalmente "activistas online, hackers, xente comprometida con activismo a través de internet"
O PSOE escollerá o seu secretario ou secretaria xeral a través dun sistema semellante ao utilizado polo PSdeG hai un ano. Haberá consulta a todas as militantes, que non será vinculante, e posteriormente os delegados elixirán nun Congreso quen liderará o partido, seguindo en principio a vontade formulada pola militancia.