'Somos xente honrada' triunfa na gala dos #MestreMateo14, inzada de alusións á necesidade de manter o emprego no sector do audiovisual e cunha emotiva homenaxe a 'Pico'. O máis destacado da cerimonia, este domingo en Praza Pública.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5349bc2c6bf86-blds6yniqaawajv.jpg)
'Somos xente honrada' triunfa na gala dos #MestreMateo14, inzada de alusións á necesidade de manter o emprego no sector do audiovisual e cunha emotiva homenaxe a 'Pico'. O máis destacado da cerimonia, este domingo en Praza Pública.
#MestreMateo14 Ás 22:00 comeza a gala dos Mestre Mateo. Pódese seguir ao vivo a través da TVG.
O Celta logra un valioso empate a dous goles ante a Real Sociedad
A Coordinadora Nacional de Anova comezou hoxe "o proceso para convocar a II Asemblea nacional" da formación "no outono" deste ano. "Garántese a partipación sosegada da militancia nun proceso tan importante e o conxunto da organización poderá centrarse" previamente "no vindeiro proceso electoral das europeas", sinalan.
Rajoy xustifica a tardanza do PP para presentar a súa candidatura europea en que "reservamos o mellor para o final"
A Academia Galega do Audiovisual ultima os detalles para a gala dos Mestre Mateo desta noite. A etiqueta para seguir a entrega de galardóns a través do Twitter será #MestreMateo14
A ICANN delega o dominio .gal na Asociación puntoGAL. Toda a información, esta tarde en Praza.
Unha vítima de ETA, un ex preso e unha vítima dos GAL pídenlle ao Goberno central pasos a favor da paz en Euskadi. Reuniunos El País.
IU recupera as competencias en materia de vivenda na Junta de Andalucía e mantén a coalición co PSOE. En El Diario.