Fálase
IU recupera as competencias en materia de vivenda na Junta de Andalucía e mantén a coalición co PSOE. En El Diario.
O 061 mantén prorrogado o contrato dos seus helicópteros ao non lograr reducir o seu custo. Cóntao Faro de Vigo
Cinco alcaldes do PP e un do PSOE rebélanse contra o custo do novo modelo de emerxencias deseñado pola Xunta. Cóntao El País.
AGE presenta a esta hora en Vigo a súa candidatura ás eleccións europeas. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
A presentadora de TVE Mariló Montero denuncia a web satírica El Mundo Today por incluír unha peza de humor sobre ela con declaracións inventadas. En El Diario
A CIG retransmite ao vivo as súas xornadas Comprendermos a crise, que se están a celebrar en Pontevedra.
A Universidade da Coruña recibiu esta mañá oficialmente a Aurora Marco na súa condición de Republicana de Honra 2014
Izquierda Unida suspende temporalmente o seu acordo de goberno co PSOE en Andalucía.
A reforma da xustiza universal promovida polo PP provoca a saída da cadea de oito narcotraficantes máis, segundo vén de adiantar a Cadena SER. Hai escasos días esta modificación legal xa provocou a excarceración doutros oito narcos.