AGE presenta a esta hora en Vigo a súa candidatura ás eleccións europeas. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
Fálase
A presentadora de TVE Mariló Montero denuncia a web satírica El Mundo Today por incluír unha peza de humor sobre ela con declaracións inventadas. En El Diario
A CIG retransmite ao vivo as súas xornadas Comprendermos a crise, que se están a celebrar en Pontevedra.
A Universidade da Coruña recibiu esta mañá oficialmente a Aurora Marco na súa condición de Republicana de Honra 2014
Izquierda Unida suspende temporalmente o seu acordo de goberno co PSOE en Andalucía.
A reforma da xustiza universal promovida polo PP provoca a saída da cadea de oito narcotraficantes máis, segundo vén de adiantar a Cadena SER. Hai escasos días esta modificación legal xa provocou a excarceración doutros oito narcos.
Veñen de publicarse os datos correspondentes a 2014 do Índice de Progreso Social, que analizan distintos factores relacionados co benestar dos cidadáns. España cae até o posto 21º, e o 13º dentro da UE, penalizada sobre todo por aspectos relacionados co medio ambiente e co acceso da muller ao ensino de posgrao.
Artur Mas afirma nunha entrevista que este venres publica Le Figaro que "transformarei as eleccións catalás nun referendo", abrindo a porta a un adianto electoral en clave plebiscitaria se finalmente non se celebra a consulta este ano
Milleiros de persoas, convocadas por CIG, CCOO e UGT, manifestáronse unha vez máis en Vigo para reclamar o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, os dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete.
Os consultores e enxeñeiros franceses estarán obrigados a apagar os seus móbiles de empresa fóra do horario de traballo e a ignorar os correos electrónicos que lles cheguen no seu tempo libre. O descanso diario mínimo debe superar as 11 horas consecutivas.