A Universidade da Coruña recibiu esta mañá oficialmente a Aurora Marco na súa condición de Republicana de Honra 2014
Fálase
Izquierda Unida suspende temporalmente o seu acordo de goberno co PSOE en Andalucía.
A reforma da xustiza universal promovida polo PP provoca a saída da cadea de oito narcotraficantes máis, segundo vén de adiantar a Cadena SER. Hai escasos días esta modificación legal xa provocou a excarceración doutros oito narcos.
Veñen de publicarse os datos correspondentes a 2014 do Índice de Progreso Social, que analizan distintos factores relacionados co benestar dos cidadáns. España cae até o posto 21º, e o 13º dentro da UE, penalizada sobre todo por aspectos relacionados co medio ambiente e co acceso da muller ao ensino de posgrao.
Artur Mas afirma nunha entrevista que este venres publica Le Figaro que "transformarei as eleccións catalás nun referendo", abrindo a porta a un adianto electoral en clave plebiscitaria se finalmente non se celebra a consulta este ano
Milleiros de persoas, convocadas por CIG, CCOO e UGT, manifestáronse unha vez máis en Vigo para reclamar o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, os dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete.
Os consultores e enxeñeiros franceses estarán obrigados a apagar os seus móbiles de empresa fóra do horario de traballo e a ignorar os correos electrónicos que lles cheguen no seu tempo libre. O descanso diario mínimo debe superar as 11 horas consecutivas.
Núñez Feijoo apoia a reivindicación de Vigo, Santiago e Ferrol, ante o proxecto de Gallardón de centralizar a administración de xustiza nas capitais provinciais. Pola súa banda, Abel Caballero advirte que reclamará a metade do TSXG, actualmente na Coruña, se é suprimido o partiso xudicial de Vigo.
A Plataforma Sarriana polo Río convoca para este sábado unha nova manifestación en contra das obras do encanamento e en defensa das pontes ameazadas polo proxecto
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña recoñeceu este xoves a investigadora Aurora Marco como Republicana de Honra, destacando o seu compromiso para "darlles voz ás mulleres silenciadas".