Esta noite faleceu Enrique Meneses, reporteiro de longa traxectoria, que entre outras cousas foi o primeiro xornalista que subiu á Sierra Maestra na revolución cubana. Mantivo a súa actividade no seu blog e na súa conta de twitter até o último dia.
Fálase
Os bancos e as caixas achegan 6.000 pisos ao fondo para desafiuzados creado polo Goberno para darlle teito a persoas desaloxadas.
Gas Natural seca novamente o Miño ao tempo que pide permisos para ampliar os encoros de Os Peares II e Belesar II
Neil Harvey analiza en SinPermiso a mobilización zapatista que tivo lugar hai unha semanas.
Sareb.es podería ser o primeiro nome de dominio español expropiado. O dominio pertence a unha marca rexistrada, pero o Estado argumenta que o nome -as siglas oficiais do banco malo- é de interese xeral, polo que iniciou o proceso para cancelalo.
O Club Ciclista Bueu rendiu homenaxe a Cristóbal Hermida no lugar onde o ciclista foi atropelado por un camión o pasado xoves. O vindeiro 20 de xaneiro organizarase unha marcha reivindicativa.
A Consellaria de Sanidade facilitará o atraso da xubilación dos médicos para asegurar o mantemento de servicios
O Obradoiro gaña (89-56) ante o Valladolid e segue soñando coa Copa. Os de Moncho Fernández pasaron por riba do equipo pucelano.
Fútbol. Resultados de Terceira División.
Barbadás 3 - 2 Villalonga
Bergantiños 1 - 2 Racing de Ferrol
Narón 0 - 2 Rápido de Bouzas
Celta B 3 - 0 Betanzos
As Pontes 0 - 1 Compostela
Céltiga 1 - 1 Alondras
Racing Vilalbés 1 - 3 Somozas
Ordes 0 - 0 Dorneda
Pontevedra 0 - 0 Fabril
Negreira 2 - 2 CercedaFútbol 2ªB. O Coruxo vence o San Sebastián de los Reyes (2-1) e o Ourense cae pola mínima (3-2) ante o Real Madrid C.