O presidente da Deputación de Lugo suxire que Manuel Martínez actúa como un "tránsfuga" e atribúelle unha "negociación escura" co PP. Darío Campos afirmouno na súa comparecencia no Parlamento para presentar os orzamentos da institución. Recólleo Europa Press.
Fálase
Diego Calvo volve á delegación da Xunta na Coruña substituíndo a Belén Docampo, nova directora xeral de Produción Agropecuaria. Calvo, secretario xeral do PP coruñés, ostentou o cargo dende o inicio do goberno Feijóo ata que en 2011 pasou a presidir a Deputación da Coruña.
O barómetro do CIS sitúa o PP como primeira forza cara ás xerais co 29,1% dos votos e o PSOE, como segunda forza co 25,3%. O estudo dálle a Ciudadanos o terceiro posto, co 14,7%, e a Podemos o cuarto, co 10,8%. O inquérito prognostica un 0,5% dos votos para o BNG. Está a debullalo eldiario.es
A Comisión Europea prevé que o déficit español será maior do previsto polo Goberno central en 2015 e 2016. Segundo estas previsións, a débeda pública seguirá por riba do 100% do PIB e o paro non baixará do 20% ata 2017,
Dous libros recompilan múltiplas irregularidades financeiras no Vaticano. Recólleo El País
O PSOE estuda tomar medidas contra o alcalde de Becerreá tras votar co PP para retirarlle ao BNG media dedicación exclusiva e asesores tanto ao seu grupo político na Deputación de Lugo como á Vicepresidencia da institución, que xestionan os nacionalistas. Recólleo El Progreso.
eldiario.es amosa nun mapa interactivo as conexións entre empresas do Ibex 35 e os seus responsables
ANPAS galegas denuncian desabastecemento da vacina da Meninxite B e o seu alto custe. Recólleo Faro de Vigo
Marcha Mundial das Mulleres, A Mesa e as deputadas Carme Adán (BNG) e Carmen Iglesias (G.Mixto) denuncian a "dupla discriminación" do Ministerio de Xustiza ao rexeitar por estar en galego unha queixa polo asasinato dunha muller no hospital de Ourense a mans do seu marido. (Imaxe: MMM).
Ciudadanos critica a introdución de contidos ligados á memoria histórica nas escolas porque "agita viejos fantasmas". A valoración, que recolle eldiario.es, chega despois de que Albert Rivera rexeitase a retirada de honras a Franco porque, di, na Transición "acordamos que no habían ni vencedores ni vencidos, que lo que habían era españoles".