O PSOE estuda tomar medidas contra o alcalde de Becerreá tras votar co PP para retirarlle ao BNG media dedicación exclusiva e asesores tanto ao seu grupo político na Deputación de Lugo como á Vicepresidencia da institución, que xestionan os nacionalistas. Recólleo El Progreso.
Fálase
eldiario.es amosa nun mapa interactivo as conexións entre empresas do Ibex 35 e os seus responsables
ANPAS galegas denuncian desabastecemento da vacina da Meninxite B e o seu alto custe. Recólleo Faro de Vigo
Marcha Mundial das Mulleres, A Mesa e as deputadas Carme Adán (BNG) e Carmen Iglesias (G.Mixto) denuncian a "dupla discriminación" do Ministerio de Xustiza ao rexeitar por estar en galego unha queixa polo asasinato dunha muller no hospital de Ourense a mans do seu marido. (Imaxe: MMM).
Ciudadanos critica a introdución de contidos ligados á memoria histórica nas escolas porque "agita viejos fantasmas". A valoración, que recolle eldiario.es, chega despois de que Albert Rivera rexeitase a retirada de honras a Franco porque, di, na Transición "acordamos que no habían ni vencedores ni vencidos, que lo que habían era españoles".
A Executiva do BNG manifesta a súa "repulsa" pola suspensión da actividade de Causa Galiza, ditaminada pola Audiencia Nacional. "A criminalización das ideas é usada polo Partido Popular para facer a súa propia campaña electoral e mediática", din nun comunicado.
Fernando Llorente gaña o X Premio Castelao de Banda Deseñada, que organiza a Deputación da Coruña, coa súa obra 'A carreta do diaño'.
O alcalde de Becerreá volve votar xunto ao PP e quítalle ao BNG media dedicación exclusiva na Deputación de Lugo. Manuel Martínez repite a actuación de hai uns días ao non aceptar proposta ningunha dos nacionalistas.
A política lingüística do PP deixou o valenciano baixo mínimos. O novo Goberno estuda un novo modelo logo do retroceso da lingua catalá no País Valencià. Cóntao El País.
O Bloc Nacionalista Valencià aproba en referendo ir en coalición con Podemos, EU e outras forzas. O espazo de confluencia prevé obter un grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados. EUiA vota hoxe se conflúe con En Comú Podem en Catalunya.