Jove e Collazo venden Marineda City por 260 millóns de euros. El fondo de investimentos Merlin Properties faise co centro comercial e co hotel adxunto.
Fálase
Anticorrupción pide unha investigación completa das contas de Jordi Pujol.
Gallardón anuncia que Compostela e Vigo poderán manter os seus partidos xudiciais, segundo acaba de asegurar en Santiago tras unha xuntanza con Núñez Feijóo. Máis información, esta tarde en Praza.
Un empresario confesa o pago de comisións por contratos ao PP de Rajoy. Asegura á Garda Civil que a súa firma pagou durante anos decenas de milleiros de euros aos populares.
O xuíz acepta a denuncia de Manos Limpias contra Pujol e a súa esposa. A demanda fai referencia a seis delitos coas contas non relacionadas en Andorra.
Abanca poderá financiar con límites o ladrillo e contar con case sete empregados por oficina.
Os Estados Unidos envían máis munición a Israel en medio das condenas ás matanzas de civís en Gaza. Obama pide un alto ao fogo humanitario pero mantén a axuda militar.
Arxentina, arrastrada á suspensión de pagos malia asegurar o Goberno que é solvente e logo de non chegar a un acordo cos fondos buitre.
O goberno de Ourense de 2007 recibe ao completo a súa segunda imputación. O xuíz investiga se os concelleiros prevaricaron ao legalizar unha urbanización con orde de derrubamento.
A ONU considera unha "grave violación da lei internacional" o bombardeo dunha escola en Gaza.