NCG admite que "quizáis" non informaron correctamente sobre as preferentes pero nega que se producira unha estafa. "Fixémolo pensando que estabamos facendo o mellor para os nosos clientes", di o director xeral Juan Díaz Arnau.
Fálase
O Parlamento de Chipre debate este luns se acepta as esixencias da troika para acceder ao rescate da illa. O partido do prsidente Nikos Anastasiadis non ten maioria absoluta e os partidos da oposición rexeitan a medida e propoñen que Chipre saia da UE.
Alemaña e o FMI querían un castigo máis duro para Chipre e propuxeron quitas do 12% para os aforradores. Paul Krugman cre que a medida alentará a sacar os cartos dos bancos gregos e italianos. Este luns as primas de risco de Italia e España crecen 20 e 25 puntos.
Lanzan un xogo para dispositivos móbiles sobre o caso Bárcenas chamado Dársenas, el tesorero corrupto.
Nuns días publicarase o Volume II da Obra Completa de Roberto Vidal Bolaño e que contén os seguintes títulos: Mar revolto, A burla do galo, Doentes, As actas escuras, Días sen gloria e Agasallos de sombras.
Vén de rematar a XIV Asemblea Nacional do BNG co discurso do novo portavoz nacional, Xavier Vence. Toda a información, esta tarde en Praza.
Na Terceira galega o Rácing de Ferrol (73), Celta B (59), Dépor B (51) e Compostela (50) ocupan os postos de play-off de ascenso, seguidos do Pontevedra (46). O Rácing é o primeiro equipo de todos os grupos que se clasifica para a rolda de ascenso.
Deportivo B 5-0 Betanzos
Somozas 1-1 Celta B
Pontevedra 1-1 Barbadás
Narón 3-2 Bergantiños
Negreira 1-1 As Pontes
Racing Vilalbés 1-1 Compostela
Cerceda 2-3 Dorneda
Alondras 1-2 Racing de Ferrol
Rápido de Bouzas 1-3 Vilalonga
Céltiga 1-1 OrdesEn Fútbol-Sala, empates de Azkar Lugo en Manacor 4-4 e do Burela ante o potente El Pozo 1-1. O Santiago Futsal caeu ante o Santa Coloma 4-2
Vitoria do Academia Octavio ante o Guadalajara 29-25. E derrota do Cangas ante o poderoso Atlético de Madrid 31-35. Os vigueses saen do descenso e son 13º na clasificación da Liga Asobal con 13 puntos, un máis que o Cangas, penúltimo.
Comeza a clausura da XIV Asemblea do BNG. A militancia ovacionou intensamente a Guillerme Vázquez ao ser chamado para formar parte do novo Consello Nacional e aclamou a Xavier Vence, que vén de ser elixido portavoz nacional por 1215 votos a favor, 9 en contra e 44 abstencións