Salvador Victoria, portavoz do Goberno madrileño, compara os manifestantes das mareas populares contra os recortes cos golpistas do 23F.
Fálase
O 39,1% dos españois cre que ningún portavoz parlamentario gañou o debate celebrado esta semana, segundo unha enquisa do CIS. Un 69,7% está pouco ou nada de acordo co que dixo Rajoy e un 77,2% rexeita nos mesmos termos o discurso de Rubalcaba. En todo caso, o estudo amosa que Rajoy superou en 27 puntos a Rubalcaba.
Alberto Garzón analiza para El Diario O modelo de crecemento económico do Partido Popular e pon en dúbida o éxito dun futuro modelo baseado nas exportacións de bens e servizos, como apuntou hai unhas semanas De Guindos.
A Plataforma En positivo por un Novo Proxecto Socialista Galego manifestan o seu apoio ás marchas convocadas este 23F pola marea cidadá
Ao remate da manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes gardouse un minuto de silencio polo falecemento dun destes aforradores en Melide, que segundo os convocantes se tería suicidado pola súa sítuacíón económíca. Sería o primeiro suicidio en Galicia dun afectado polas preferentes.
A marea cidadá do #23F percorre as rúas da Coruña. Varios milleiros de persoas participan na manifestación.
Nuns minutos comezará, no Obelisco da Coruña, a primeira das manifestacións convocadas este #23F en protesta contra o "golpe de estado financeiro". Pódese seguir en streaming nesta ligazón.
A manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes percorre xa o centro da Coruña
Iñaki Anasagasti afirma no seu blog que o rei Juan Carlos sabía con anterioridade ao 23F que se ía producir un golpe de Estado. O ex deputado transcribe unhas supostas notas que Sabino Fernández Campo lle entregou sobre o sucedido aquel día na Zarzuela
O BNG organiza unha xornada este sábado no Hotel Araguaney de Compostela baixo o título Os procesos de soberanía das nacións europeas. Comezará ás 11.30h. e participarán Guillerme Vázquez, Oriol Junqueras, Ana Miranda e eurodeputados do Scottish National Party, Plaid Cymru e do Partido Nacionalista Corso