As accións de Bankia caen case un 20%, e acumulan unha caída do 50% dende a saída de Rato, a pesar de que a entidade leva días mercando títulos propios por valor de 35 millóns de euros. A CNMV non ve motivos para suspender a cotización.
Fálase
Moita xente na manifestación, con berros de "Sempre en Galiza, sempre en galego" ou "Núñez Feijoo, inimigo do galego"
A manifestación de Queremos Galego hai uns minutos que percorre as rúas de Compostela.
Jot Down Magazine celebra o seu primeiro ano na rede coa edición dun número especial impreso, que recollerá algúns dos seus mellores contidos e algún textos inéditos. Poderá adquirirse online.
O pleno do Congreso dos Deputados aproba hoxe definitivamente os recortes en sanidade e educación. Na Cadena SER.
O presidente do Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo, François Alfonsi, envíalle unha carta de parabéns á RAG polo Día das Letras
Twitter comeza o proceso de tradución ao catalán e ao éuscaro, pero aínda non aposta polo #Twitterengalego. Cóntao Vilaweb.
Cultura Galega preséntanos a conta de Gmail de Valentín Paz-Andrade. O homenaxeado nas letras mantivo unha rica e abondosa correspondencia con moitos outros galeguistas do seu tempo, como Laxeiro, Osorio Tafall, Carlos Maside ou Isaac Díaz Pardo. Aquí poden lerse esas cartas (ou e-mails)
Uxía (mellor artista), Doa (mellor disco) e Assembly Point (mellor canción) gañan os premios La Opinión de música folk, que este ano homenaxearon a carreira de Fuxan os Ventos
Profesionais da sanidade cualifican de "propaganda" a visita de Feijóo para presentar por terceira vez o Hospital 2050. O Colexio de Médicos lembra que o anuncio do Hospital 2050 non é máis ca unha adaptación de edificios xa construídos