A vitoria de Sanders en Michigan permítelle manter aberta a loita con Clinton no lado demócrata. Nos republicanos, Trump fíxose con tres dos catro estados en xogo. Os comicios en Florida, Ohio ou Illinois, o vindeiro martes, serán decisivos en ambos os dous partidos.
Fálase
O PP de Pontevedra acusa o alcalde de obrigar a veciñanza a "tener un cerdo en casa para que se coma los restos" por mor do novo modelo de recollida selectiva de lixo. Recólleo Pontevedra Viva
Pallas@s en Rebeldía están xa en Idomeni "provocando risos" entre as nenas e nenas refuxiadas. Así contan para Praza Pública o obxectivo da súa viaxe á fronteira entre Grecia e Macedonia
O PP asegura que "mentres goberne" en España, Arnaldo Otegi "non será candidato a nada". Afirmouno o voceiro dos populares, Pablo Casado.
A ONU carga contra o acordo da UE e Turquía que contempla deportacións masivas de persoas refuxiadas. O alto comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados advirte de que a Unión está a bordear a legalidade internacional.
Greenpeace celebra a operación levada a cabo pola Garda Civil contra a empresa Vidal Armadores, acusada de pesca ilegal na Antártida. Greenpeace leva años investigando e expoñendo as conexións coa pesca non declarada e non regulamentada desta compañía con sede en Ribeira.
O paro (78%) e a corrupción (47,5%, oito puntos máis que en xaneiro), principais problemas para a cidadanía segundo o último barómetro do CIS, que vén de se facer público.
Albert Rivera advirte de que "todo cambia" a respecto dun pacto co PP se elixe "outro" candidato que non sexa Rajoy. Afirmouno nunha entrevista en Antena 3 que recolle eldiario.es
A UE acorda devolver todas as persoas refuxiadas a Turquía e aloxar de volta só as de orixe siria. O pacto inclúe máis concesións ao goberno turco, ao que non se lle esixen garantías de respecto aos dereitos humanos.
#8deMarzo O acoso machista nas redes, analizado no especial de eldiario.es polo Día Internacional das Mulleres