Batman e Superman aparecerán xuntos na secuela de Man of Steel, segundo anunciou Warner no marco da ComicCon. Porén, aínda que mesmo se revelou que o filme manterá certa relación co cómic The Dark Knight Returns, non se ofreceron detalles sobre se a presenza de Batman será apenas un cameo ou se terá máis protagonismo.
