Tomás Gómez amósase "preocupado" porque o PSOE non presentara aínda a moción de censura a Rajoy, e no comité rexional do partido en Madrid pediu pasar "das palabras aos feitos".
Fálase
Máis de tres mil persoas mobilizáronse este sábado en Cangas en defensa dos dereitos dos pensionistas e contra os requerimentos da Axencia Tributaria aos traballadores emigrantes xubilados.
Ao redor de 300 persoas participaron este sábado na concentración impulsada polo colectivo SOS Panadeira, en protesta polo proxecto de pantalóns impulsado polo Náutico de Sanxenxo, que -din- destrozará as praias de Panadeira e Os Barcos.
O secretario provincial do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño afirma que ''Necesitamos un líder capaz de pechar feridas abertas''. O ex ministro de Xustiza insistiu en que o papel de Vázquez é o de ser "o aval da transparencia" do proceso, polo que ''o honra"ter tomado a decisión de non presentarse", di.
El País entrevista a Alfredo Pérez Rubalcaba, que afirma que “Rajoy non poderá gobernar sen explicar o caso Bárcenas no Congreso”
ABC publica a primeira foto de Bárcenas en prisión e relata como é a súa vida na cadea
El Mundo leva á súa portada unha enquisa na que afirma que "o 83% dos españois cre que o PP recibía diñeiro negro e repartía sobre aos seus líderes". A maioría dos votantes do PP tamén o cre, e tamén opina que Rajoy debe comparecer no Parlamento, e que "os contratos públicos se adxudicaban en función das doazóns recibidas"
A Xustiza insta á administración a pagar a fecundación a unha muller á que lle foi negada por ser lesbiana. O Tribunal Superior de Asturias condena a sanidade pública ao reintegro de 7.723 euros
Abel Losada di que esperaba o "paso atrás" de Pachi Vázquez e rexeita pronunciarse en favor dun candidato. Cualifica como "moi positivo" o proceso de primarias consultivas que se abre no PSdeG.
Barreras afirma que a sentenza de Bruxelas despexa a entrada de Pemex no seu capital, pero a prensa mexicana fai unha lectura negativa e sinala que o investimento de Pemex está "en risco" e "a piques de caer"