Os principais diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a publicación dos datos fiscais de Mariano Rajoy. En Galicia, La Voz publica unha enquisa segundo a cal ao PP o caso Bárcenas lle custaría a maioría absoluta no Parlamento galego.
Os principais diarios impresos levan hoxe ás súas portadas a publicación dos datos fiscais de Mariano Rajoy. En Galicia, La Voz publica unha enquisa segundo a cal ao PP o caso Bárcenas lle custaría a maioría absoluta no Parlamento galego.
El País revela que Facenda mantén paralizadas case 49 investigacións sobre o patrimonio de narcotraficantes
O CD Lugo perdeu ante o Sporting de Xixón no Anxo Carro, que estivo practicamente cheo
Carlos Negreira foi reelixido este mediodía presidente do PP na provincia da Coruña co 96,5% dos votos. A súa era a única candidatura do Congreso, que pechou Feijóo lanzando unha mensaxe de confianza cara a Mariano Rajoy.
Unha delegación do Parlamento Europeo analizará a calidade da auga e do aire das rías de Vigo, de Ferrol e da Coruña. O socialista Antolín Sánchez Presedo participará nos traballos, segundo vén de informar o PSdeG.
Mariano Rajoy vén de facer públicos os seus datos fiscais de 2003 a 2012. Anunciouno que o faría tras o estourido do caso Bárcenas. Pódense consultar nesta ligazón
O BNG entrégalle un manual de contratación ao concelleiro de obras de Santiago, Juan de la Fuente (PP), para "que se informe da lexislación vixente" e saiba que as contratacións das obras deben pasar pola Xunta de Goberno local.
Sindicatos policiais acusan á Xunta de destinar fondos da Policía Autonómica para a loita contra incendios a labores relacionados coas touradas na Coruña. Cóntao El Ideal Gallego
Feijóo maniféstase "contento" da súa decisión de adiantar as eleccións ao 21 de outubro nunha entrevista con La Voz de Galicia na que tamén reclama "botar os indecentes" que haxa nas filas do PP.
Hoxe o PP reelixe a Carlos Negreira como presidente provincial do partido na Coruña. É o único candidato no congreso, que clausurará Feijóo.