O BNG entrégalle un manual de contratación ao concelleiro de obras de Santiago, Juan de la Fuente (PP), para "que se informe da lexislación vixente" e saiba que as contratacións das obras deben pasar pola Xunta de Goberno local.
O BNG entrégalle un manual de contratación ao concelleiro de obras de Santiago, Juan de la Fuente (PP), para "que se informe da lexislación vixente" e saiba que as contratacións das obras deben pasar pola Xunta de Goberno local.
Sindicatos policiais acusan á Xunta de destinar fondos da Policía Autonómica para a loita contra incendios a labores relacionados coas touradas na Coruña. Cóntao El Ideal Gallego
Feijóo maniféstase "contento" da súa decisión de adiantar as eleccións ao 21 de outubro nunha entrevista con La Voz de Galicia na que tamén reclama "botar os indecentes" que haxa nas filas do PP.
Hoxe o PP reelixe a Carlos Negreira como presidente provincial do partido na Coruña. É o único candidato no congreso, que clausurará Feijóo.
As portadas dos principais diarios impresos deste sábado divídense entre os resultados das negociacións para os novos orzamentos da UE, os casos de corrupción e a chegada de Eurovegas a Madrid
Rajoy pediulles aos xornalistas en Bruxelas que non lle preguntasen "moito" porque "non durmín nada". Ao remate da súa comparecencia, co gallo do Consello Europeo, sinalou que marchaba por estar "un pouquiño canso". Recólleo Europa Press na súa web
O Goberno central aprobou hoxe a rebaixa nas peaxes por uso habitual do treito da AP-9 entre Pontevedra e Vigo. Figura na referencia do Consello de Ministros
O Goberno central levará ao Constitucional a declaración de soberanía do Parlamento de Cataluña. A Avogacía do Estado ve elementos institucionais nela.
O PP fai públicas as súas contas, pero só entre 2008 e 2011. O 90% dos seus ingresos proceden de subvencións públicas.
A proposta do Consello Europeo garante que Galicia manteña o 60% das axudas europeas. O seu presidente propón reducir en 1.000 millóns o cheque para España.