As portadas dos principais diarios impresos deste sábado divídense entre os resultados das negociacións para os novos orzamentos da UE, os casos de corrupción e a chegada de Eurovegas a Madrid
As portadas dos principais diarios impresos deste sábado divídense entre os resultados das negociacións para os novos orzamentos da UE, os casos de corrupción e a chegada de Eurovegas a Madrid
Rajoy pediulles aos xornalistas en Bruxelas que non lle preguntasen "moito" porque "non durmín nada". Ao remate da súa comparecencia, co gallo do Consello Europeo, sinalou que marchaba por estar "un pouquiño canso". Recólleo Europa Press na súa web
O Goberno central aprobou hoxe a rebaixa nas peaxes por uso habitual do treito da AP-9 entre Pontevedra e Vigo. Figura na referencia do Consello de Ministros
O Goberno central levará ao Constitucional a declaración de soberanía do Parlamento de Cataluña. A Avogacía do Estado ve elementos institucionais nela.
O PP fai públicas as súas contas, pero só entre 2008 e 2011. O 90% dos seus ingresos proceden de subvencións públicas.
A proposta do Consello Europeo garante que Galicia manteña o 60% das axudas europeas. O seu presidente propón reducir en 1.000 millóns o cheque para España.
Un activista de Stop Desahucios suicídase en Córdoba tras recibir unha orde para abandonar a súa casa. Tiña 36 anos, segundo conta La Vanguardia.
O Goberno da Comunidad de Madrid confirma que a rexión acollerá o complexo Eurovegas. En El Diario.
Na mesma sesión parlamentaria o PP rexeitará unha iniciativa lexislativa popular sobre a dación en pagamento e aprobará outra a prol das touradas. Cóntao El Diario
Convocada unha folga de 48 horas en Novagalicia Banco para a vindeira semana ante o "temor" de que a entidade "impoña o ERE" de maneira "unilateral". O paro dos días 14 e 15 será o segundo en dez días.