O Goberno da Comunidad de Madrid confirma que a rexión acollerá o complexo Eurovegas. En El Diario.
O Goberno da Comunidad de Madrid confirma que a rexión acollerá o complexo Eurovegas. En El Diario.
Na mesma sesión parlamentaria o PP rexeitará unha iniciativa lexislativa popular sobre a dación en pagamento e aprobará outra a prol das touradas. Cóntao El Diario
Convocada unha folga de 48 horas en Novagalicia Banco para a vindeira semana ante o "temor" de que a entidade "impoña o ERE" de maneira "unilateral". O paro dos días 14 e 15 será o segundo en dez días.
The New York Times pecha 2012 con beneficios grazas ao aumento das subcricións dixitais. Ademais, os ingresos por circulación superaron este ano por vez primeira os ingresos por publicidade.
O PSdeG-PSOE considera "moi necesario" que o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, tamén declare ante o xuiz que instrúe o proceso contra o seu pai, José Luis Baltar.
O xuiz Pablo Ruz pregúntalle á Fiscalía Anticorrupción se debe controlar a Bárcenas para evitar a súa fuga
A Radio Televisión Valenciá anunciará este sábado e por correo electrónico as ao redor de 900 persoas que van ser despedidas no marco do ERE que leva meses preparando
Arquivada a denuncia contra Juan Manuel Sánchez Gordillo pola protesta no interior dun supermercado. A xuízo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, o asalto simbólico no que participou o alcalde de Marinaleda forma parte do dereito á folga. Recólleo RTVE.es
O deputado de IU Alberto Garzón publica en internet a súa "nómina, ingresos e doazóns", información que non está completa na web do Congreso
A petición en change.org para demandar a dimisión da cúpula do PP polo caso Bárcenas acada o millón de sinaturas