O PP suxire unha conspiración de Alemaña contra España para xustificar o ataque dos mercados. Cóntao Público.
Fálase
A intervención de Catalunya, cada vez máis preto, segunda anuncia Vilaweb, que asegura que a Generalitat non descarta acudir ao fondo estatal.
O PSOE asegura que Gallardón "busca o aplauso ultraconservador atacando os dereitos das mulleres". Os socialistas responden ás palabras do ministro de Xustiza, que asegura "a malformación do feto xa non será un suposto para abortar".
Francisco Jorquera cre que "para ser nacionalista en Galicia hai que ser de esquerdas, e para ser de esquerdas, hai que ser nacionalista". Nunha entrevista en Europa Press, avoga por que as eleccións autonómicas se celebren "canto antes".
Murcia tamén acudirá ao rescate e pedirá entre 200 e 300 millóns ao fondo estatal.
O FMI ameza a UE con paralizar as axudas a Grecia, segundo avanza o diario alemán Der Spiegel, que advirte de que o país heleno entraría así en insolvencia.
Feijóo garante que Galicia non pedirá rescate porque "está blindada" e adianta que proporá reducir deputados no Parlamento, que pasaría de 75 a uns 60.
Expertos económicos advirten de que é moi probable que España precise pronto un rescate total. Cóntao El País.
Os socios de Merkel suxiren que Grecia empece a utilizar o dracma. Nunha entrevista en Welt am Sonntag, a CSU recomenda que se empregue xa para pagar as pensións e os soldos dos funcionarios de cara á súa posible saída do euro.
Alberto Ruiz-Gallardón di que "a malformación do feto xa non será un suposto para abortar". Asegúrao nunha polémica entrevista en La Razón.