Os socios de Merkel suxiren que Grecia empece a utilizar o dracma. Nunha entrevista en Welt am Sonntag, a CSU recomenda que se empregue xa para pagar as pensións e os soldos dos funcionarios de cara á súa posible saída do euro.
Fálase
Alberto Ruiz-Gallardón di que "a malformación do feto xa non será un suposto para abortar". Asegúrao nunha polémica entrevista en La Razón.
O Foro da Mocidade Galega remata en Compostela logo dunha extensa xornada con "moito debate e propostas prácticas para solucionar problemas concretos" dos mozos galegos. Este domingo, toda a información en Praza.
José Blanco presentarase ás primarias do PSdeG, segundo interpretan varias fontes socialistas, tal e como adianta Europa Press. Sánchez Bugallo agradeceulle no seu discurso que manifestase "a súa disponibilidade ao servizo de Galicia".
Mario Draghi aclara que o BCE non pode resolver os problemas financeiros dos estados. O presidente da entidade advírteo en Le Monde ante as peticións constantes de España para que interveña para deter o acoso dos mercados.
O Goberno pide ao BCE que interveña para evitar o acoso dos mercados a España. García-Margallo, ministro de Exteriores, asegura que cada reforma do Goberno é recibida "cunha labazada en seco" polos investidores.
Chega a Madrid a marcha de parados con desempregados de toda a Península. Conflúen na capital do Estado para manifestarse ante o Ministerio de Emprego contra a reforma laboral. Imaxe de @M15Mbizkaia
Unha nova manifestación de afectados polas preferentes percorre a estas horas Santiago. As plataformas rexeitan a vía da arbitraxe que ofrecen Novagalicia e a Xunta. Imaxe de @haykedecirlo
Feijóo cancela unha convención do PP para non coincidir con Montoro. Cóntao El País.
Un incendio, aínda activo en Oímbra, queimou xa 200 hectáreas.