José Blanco presentarase ás primarias do PSdeG, segundo interpretan varias fontes socialistas, tal e como adianta Europa Press. Sánchez Bugallo agradeceulle no seu discurso que manifestase "a súa disponibilidade ao servizo de Galicia".
Fálase
Mario Draghi aclara que o BCE non pode resolver os problemas financeiros dos estados. O presidente da entidade advírteo en Le Monde ante as peticións constantes de España para que interveña para deter o acoso dos mercados.
O Goberno pide ao BCE que interveña para evitar o acoso dos mercados a España. García-Margallo, ministro de Exteriores, asegura que cada reforma do Goberno é recibida "cunha labazada en seco" polos investidores.
Chega a Madrid a marcha de parados con desempregados de toda a Península. Conflúen na capital do Estado para manifestarse ante o Ministerio de Emprego contra a reforma laboral. Imaxe de @M15Mbizkaia
Unha nova manifestación de afectados polas preferentes percorre a estas horas Santiago. As plataformas rexeitan a vía da arbitraxe que ofrecen Novagalicia e a Xunta. Imaxe de @haykedecirlo
Feijóo cancela unha convención do PP para non coincidir con Montoro. Cóntao El País.
Un incendio, aínda activo en Oímbra, queimou xa 200 hectáreas.
Un economista do FMI dimite "avergonzado" polo "fracaso" na xestión da crise. O veterano Peter Doyle lamenta a "incompetencia" do organismo.
As portadas da prensa española dan conta da gravidade da situación económica do Estado. El País fala de "situación límite", El Mundo insinúa o "rescate total" e La Razón e ABC apelan ao BCE. El Periódico é claro: "Valencia cae, España treme".
O PSdeG abre formalmente este sábado o proceso de primarias para elixir candidato á Xunta. O proceso durará entre 22 e 45 días dependendo se se presenta ou non unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez.