Antonio Delgado debulla en El Diario a nova Lei de Propiedade Intelectual, que se aprobará esta semana, e que incorpora a "mal chamada taxa Google, en realidade un canon que xestionado por CEDRO"
Fálase
Remata sen acordo unha nova xornada de negociacións entre Urbaser e os traballadores de recollida do lixo en Lugo. A folga chega xa ao seu día número 41.
O secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, condena a matanza de civís realizada en Gaza polo exército israeli, cuxa ofensiva provocou xa máis de 500 mortos. O Consello de Seguridade da ONU fixo un chamamento ao alto o fogo.
Duran i Lleida confirmará este luns a súa renuncia á secretaría xeral de CiU, tras trece anos no cargo
Economía Digital publica unha reportaxe sobre Quen manda no sector lácteo galego? e destaca que Leche Río, Feiraco, Lactalis e Celta, todas expedientadas por Competencia, facturan máis de 1.000 millóns de euros ao ano
AGE organiza o vindeiro 24 de xullo en Compostela un Foro pola quebra democrática e o dereito a decidir. Participarán Xosé Manuel Beiras (Anova/AGE), Alberto Garzón (IU), Gerardo Pisarello (Guanyem Barcelona), Eudald Calvo (CUP) e Ander Rodríguez (Alternatiba/EH-Bildu)
A Iniciativa Galega pola Memoria denuncia na homenaxe nacional ás vítimas, realizada este domingo na Illa de San Simón, que existen "crimes impunes" do Franquismo
Un bombardeo israelí mata 60 civís e causa 210 feridos nun barrio de Gaza
Caen os prezos do leite en orixe en Galicia e volven situarse por debaixo do custe de produción. O prezo medio pagado aos gandeiros en maio foi de 35,59 céntimos pr litro, 3,7 céntimos menos que en xaneiro
O Concello da Coruña mantén o 70% dos símbolos franquistas que aprobou retirar hai cinco anos e négase a confirmar se dará pasos adiante neste senso, destaca La Opinión. Hai uns días a CRMH denunciou o "empeño" do Goberno municipal en "manter a simboloxía franquista"