O BCE baixa os tipos de xuro ao 0,15% e cobrará por que os bancos manteñan os cartos inmobilizados na entidade. En El Diario
Fálase
Feijóo asegura que a "prioridade" no Concello de Santiago é "non caer na situación de Lugo e Ourense". As reaccións do presidente e as últimas novidades no consistorio compostelán, esta tarde en Praza.
A Casa Real pactou con PP e PSOE que Juan Carlos I sexa aforado cando deixe de ser rei para "evitar disparates". En El Diario
A ex decana de Económicas da USC, Maite Cancelo, e unha integrante de Novas Xeracións incorporaranse ao goberno local de Santiago, segundo El Correo Gallego
O coordinador de Anova, Martiño Noriega, confirma que a 'número tres' da organización, Iolanda Pérez Docampo, dimitiu o pasado venres, tras coñecer que fora imputada nunha investigación sobre contratacións na súa etapa no goberno municipal de Ourense.
O Concello da Coruña quere manter a celebración da feira taurina a pesar de que o concurso para organizala quedou deserto. A concelleira de Cultura, Ana Fernández, non descarta escoller unha empresa a través dun procedemento negociado sen publicidade e xustifícao en que hai "peñas e afeccionados" que reclaman os festexos.
El Mundo suspende de emprego e soldo dous xornalistas por denunciar "censura" a un texto sobre a Casa Real. El Confidencial relaciónao coas feridas abertas tras a substitución de Pedro J. Ramírez.
O ex árbitro García de Loza confirma na Coruña, onde xa foi edil do PP, a súa incorporación ao Concello de Santiago como non electo
PP e PSOE pactaron en solitario acelerar a sucesión do rei sen contar cos demais grupos do Congreso. En El Diario
O ex árbitro García de Loza e un antigo alto cargo da Xunta de Fraga, entre os nomes apuntados por El Correo Gallego como futuros edís non electos do Concello de Santiago.