Suspéndese o Brincadeira Festival segundo comunicaron os seus organizadores esta mañá. O motivo débese aos malos resultados en canto á asistencia, que lles impide asumir a continuidade do evento. "Despois de todo o traballo realizado, o esforzo e a ilusión é un golpe moi duro e difícil de encaixar para nós. Sentímolo principalmente por todos os implicados neste proxecto, dende artistas ata persoal e especialmente por todas e todos vós", dixeron os organizadores no seu comunicado.