Francisco Álvarez-Cascos declarará hoxe no macroxuizo do Prestige. O daquela ministro de Fomento será preguntado polas responsabilidades na catástrofe do Goberno do que formaba parte
Francisco Álvarez-Cascos declarará hoxe no macroxuizo do Prestige. O daquela ministro de Fomento será preguntado polas responsabilidades na catástrofe do Goberno do que formaba parte
O Congreso debaterá hoxe se Rajoy comparece no pleno polo caso Bárcenas
Israel celebra hoxe eleccións nas que Netanyahu parte como favorito para ser o candidato máis votado, pero sen maioría absoluta debido ao ascenso da ultradereita.
O rei Juan Carlos volve subir o seu soldo e recupera unha paga extra á que renunciara o pasado ano. En 2013 cobrará uns 300.000 euros. Tamén se incrementan as retribucións do príncipe Felipe e en cambio baixan as da raíña e as infantas.
A dirección das caixas galegas ameazou os seus empregados para que vendesen preferentes, segundo adianta a Cadena Ser. "As persoas que non saiban ou non queiran vender preferentes, deberían preguntarse se realmente queren formar parte da caixa e do seu futuro", teríanlle dito os directivos aos traballadores.
Triunfa a moción de censura en Vilamartín de Valdeorras nun tenso pleno. O PP arrebata a alcaldía ao PSdeG-PSOE co apoio de dous concelleiros independentes de Alternativa Popular Galega. Os catro concelleiros socialistas abandonaron o pleno antes de entregar o bastón de mando. A familia Candal regresa ao poder: María Jesusa Candal fora alcaldesa entre 2008 e 2011, sucedendo o seu pai, rexedor dende os últimos anos do franquismo.
Empregados de Novagalicia secundan o paro de media hora nas sucursais de todo o país. A entidade e os sindicatos negocian o ERE durante a xornada de hoxe. Imaxe de @juanjorc.
Xosé Manuel Beiras afirma nunha entrevista en RNE que estamos no "final dun ciclo histórico" e reclama unha nova "transición" política. Denuncia tamén as decisións económicas que "matan" coma os recortes en sanidade ou os desafiuzamentos.
Paros parciais nas sucursais de Novagalicia Banco. Os empregados denuncian a "eliminación de 2.000 empregos" e que a entidade e a Xunta os "culpe" de vender produtos tóxicos, así como "o peche indiscriminado de oficinas" ou a "inmoral quita" para os afectados polas preferentes. Imaxe de @Avazquezsouto.
Os sindicatos confirman a folga xeral en Novagalicia, Bankia e Banco de Valencia para o 6 de febreiro. Denuncian que os xestores das entidades "non fan esforzo ningún" para chegar a acordos nas negociacións do ERE. Tamén haberá manifestacións en diferentes cidades este mércores.