O ex xerente do PP de Ourense entrega papeis sobre o congreso da Gürtel e o patrimonio de Baltar. Pascual achega a De Lara documentación sobre a presunta corrupción do ex barón que a Fiscalía arquivara en 2012 por "falta de concreción".
Fálase
O PP sería a forza máis votada co 30,5% de apoio, seguido do PSOE (24,5%) e de Podemos (21,6%). Unha cuarta parte do voto da formación de Pablo Iglesias procede dos populares, segunda unha enquisa para eldiario.es, que dá ao BNG entre 1 e 2 escanos nunhas hipotéticas eleccións xerais.
Grandes concellos de Galicia baixan ou conxelan taxa en ano electoral. Outros prorrogarán a medida no vindeir exercicio.
O Pontevedra lidera a Terceira tras a súa vitoria ante o Arousa (2-1). O resto de resultados foron: Fabril 1 0 Laracha; Racing Vilalbés 2 2 Silva; Alondras 1 0 Rápido de Bouzas; Ribadumia 1 0 Boiro; Sanxenxo 4 2 Cultural Areas; As Pontes 1 1 Ordes; Cerceda 0 0 Choco; Pontevedra 2 1 Arousa; Bergantiños 1 0 Barbadás; Ribadeo-Bertamiráns (aprazado).
Ningunha derrota para os equipos galegos de Segunda B. O Racing de Ferrol venceu 4-3 o Valladolid, o Celta B empatou co Guijuelo (2-2), o Somozas co Zamora (2-2) e o Compostela co Tropezón (0-0). O Coruxo gañou no campo do Logroñés (0-1).
O Obradoiro cae ante o Murcia (68-64) malia remontar unha desvantaxe de 21 puntos.
Bildu non descarta acordos con Podemos porque "cómpre esperar coincidencias programáticas" e asegura que non tería "problema ningún" en chegar a pactos.
O Celta cae en Vallecas ante o Rayo (1-0). Os vigueses tiveron ocasións pero non puideron co tanto de Bueno para os madrileños.
Varias cidades e vilas galegas acollen as manifestacións contra a lei mordaza convocadas pola Alianza Social Galega. Na imaxe (de @bngferrol) a de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza.
A CUP non confluirá con Guanyem e aposta por unha candidatura de ruptura para as municipais. As diferenzas no código ético respecto aos soldos ou os mandatos impedirón o acordo.