Fálase
- O 2012 foi o ano con máis queixas na historia do Valedor do Pobo, con 2.782. Toda a información sobre o informe anual, que se presenta a esta hora, hoxe en Praza.
O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo (PP), expulsa dous veciños do pleno municipal por gravar a sesión. Cóntao La Opinión de A Coruña, que tamén reflicte que o rexedor permitiu rexistrar puntualmente o debate ata que sospeitou que se trataba de "militantes do BNG".
Este xoves realizáronse peches en centros de ensino de toda España. Por exemplo, no IES Auga da Laxe de Gondomar, no que participou profesorado, alumnado, pais e nais.
Rodrigo Rato deixará de ser fillo adoptivo de Viveiro. O PSOE apoiou a proposta do BNG para retirarlle a distinción ao exresponsable do FMI e de Bankia
O xulgado investiga a relación empresarial de Francisco Vázquez e Antonio Fontenla en Someso. Demanda información a Iglevaz SL, empresa creada para xestionar investimentos eólicos compartida por Fontenla e a familia do ex alcalde.
Berlusconi impón condicións para apoiar un Goberno liderado por Enrico Letta, entre elas a supresión do imposto por propiedade de vivenda.
Un dos membros do comité de expertos que estuda a reforma do sistema de pensións denuncia que “o Goberno só busca un aval para recortar xa as pensións”
Vén de ficar suspendido o pleno municipal de Ferrol polas protestas do naval e de afectados polas preferentes e os desafiuzamentos. Os manifestantes entoaron Grândola, vila morena
Na Praza do Obradoiro tamén se cantou o Grândola Vila Morena
O deputado Jon Iñarritu (Amaiur) amosa dende o Congreso dos Deputados a blindaxe policial en torno ao recinto nestes momentos