O Concello de Lalín retira "case 600.000 euros da conta que ten en Bankia" como "sinal de protesta pola gran cantidade de desafiuzamentos que está a executar e por arruinar a moitos empresarios". "É un primeiro aviso", di o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, quen advirte de que "ou negocian a dación en pago e o alugueiro social, ou que non conten con cartos públicos".
Fálase
O cinema compostelán Numax recolleu este sábado o premio ao mellor proxecto cooperativo
Manuel María será o autor homenaxeado no Día das Letras de 2016. Toda a información, hoxe en Praza
A investigación do asasinato dunha parella en Arbo apunta a un caso de violencia machista. Cóntao Europa Press
Yanis Varoufakis: "O que fan con Grecia ten un nome: terrorismo". O ministro grego de Finanzas afírmao nunha entrevista en El Mundo
A xuíza De Lara cita como imputados a Besteiro e Orozco polo denominado 'caso Garañón', que investiga a construción dun edificio nas costas do parque lucense Rosalía de Castro, paralizado por orde xudicial dende 2010. Os socialistas manteñen dende hai anos que a construción foi autorizada baseándose no plan urbanístico de 1991, aprobado polo PP.
A alcaldesa de Lugo presenta a estrutura do seu goberno. Lara Méndez dirixirá directamente a Policía e os Bombeiros e os servizos administrativos do Concello.
O Club Ourense Baloncesto fica fóra da Liga ACB. A asemblea da Asociación de Clubs de Baloncesto considera que o club ourensán, que lle gañou a final polo ascenso ao Breogán, non cumpre os requisitos económicos. Está a contalo La Región
O novo goberno de Sarria decide non seguir adiante coas obras de encanamento do río, que xeraron unha forte oposición social durante o pasado mandato. Cóntao El Progreso
A Mesa, "moi satisfeita" tras a súa primeira xuntanza co alcalde da Coruña. A asociación subliña a "receptividade" de Xulio Ferreiro cara ás propostas en materia de normalización lingüística.