Suecia, onde o centro-esquerda regresou ao poder hai uns días, convértese no primeiro país da UE en recoñecer oficialmente o Estado de Palestina. Ao redor dun cento de países en todo o mundo recoñecen a Palestina.
Fálase
Este domingo celébranse eleccións presidenciais en Brasil, con Dilma Rouseff en cabeza nas sondaxes (40%), por diante de Marina Silva (25%) e Aécio Neves (20%). Se Rouseff non acada a maioría absoluta, celebraríase unha segunda volta o 24 de outubro
Un vídeo resume o ambiente vivido no regreso de Carne Cruda, que esta semana volveu emitirse, grazas a unha campaña de crowdfunding, reflexionando sobre o futuro do xornalismo nun faladoiro cos directores de eldiario.es, La Marea e Diagonal
O PSOE votará contra a designación de Cañete como comisario. O PP ameaza con tumbar a Comisión proposta por Juncker se Cañete non é elixido comisario
46 colectivos apoian a manifestación convocada por Galicia, mellor sen touradas que o domingo ás 12 protestará na Coruña contra a organización destes espectáculos de tortura animal.
O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, debateu este venres en Reddit sobre as propostas que defenderá no debate de política xeral, que se celebra a vindeira semana.
Obama volve brindar cun viño galego na súa gala anual con congresistas de orixe hispana. O caldo elixido foi de novo Peza do Rei, da adega Cachín, na Ribeira Sacra.
Mónica Oriol, presidenta do Círculo de Empresarios, afirma que prefire contratar mulleres que non poidan quedar embarazadas: "Eu prefiro unha muller de máis de 45 anos ou de menos de 25, porque como quede embarazada atopámonos co problema",
O fotoxornalista de La Voz de Galicia Marcos Míguez gañou o XI Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña, polo seu traballo "Ata que chegue a auga".
Un dos beneficiarios das tarxetas negras de Caja Madrid, de orixe galega, lamentaba en 2008 que "vivimos unha crise de valores" e instaba a "recuperalos" nunha entrevista con El Correo Gallego