Fernández Alvariño será o próximo presidente da patronal galega ao ser o único candidato a dirixir a CEG.
Fálase
O PP de Castela-A Mancha aprobou este martes a proposta de reforma do Estatuto de autonomía para reducir á metade o número de parlamentarios. Cospedal ampárase en sondaxes para cambiar sen consenso a lei electoral e tamén na "austeridade", obviando que os deputados non cobran.
As carreiras universitarias en Catalunya son entre o dobre e o triplo de caras que hai seis anos. O aumento débese ás modificacións á alza dos niveis do sistema de prezos e sobre todo á suba das matrículas do 66% que aprobou a Generalitat o curso pasado
Carlos Negreira asegura que o Concello da Coruña dará toda a información sobre Someso, despois da decisión do Tribunal de Contas de iniciar unha investigación sobre a responsabilidade de Paco Vázquez e Antonio Fontenla na venda de terreos.
As universidades galegas, entre os centros con menos financiamento público por alumno. Navarra, Cartagena e País Vasco reciben máis de nove mil euros por alumno, a USC queda moi atrás (5.617 euros) e Vigo (5.112) e A Coruña (4.271) sitúanse nos últimos lugares dunha clasificación elaborada pola Fundación Conocimiento y Desarrollo.
As eléctricas poderán cortar a luz por impago a hospitais, transporte público e outros servizos esenciais, segundo se recolle na reforma eléctrica do Goberno. Até agora, os servizos considerados esenciais non podían ser interrumpidos.
El Diario analiza o papel do ex maxistrado Javier Gómez de Liaño, avogado de Bárcenas dende hai unhas semanas, e clave na decisión do ex tesoureiro de entregarlle ao xuíz Ruz toda a documentación que afecta ao PP e, en particular, contra Rajoy e Cospedal.
Mulleres maniféstanse ante as sedes do PP na Coruña e Compostela contra as últimas intencións do Goberno nun escrache feminista "contra un goberno machista e homófobo". Imaxe de @anxinho.
Un grupo de investigadores protestou este luns ante o presidente do CSIC polo suposto reparto de 600.000 euros en bonificacións, mentres o organismo "somete os investigadores a un corralito", denuncian.
Todos os novos autónomos pagarán unha cota de 50 euros durante os primeiros seis meses e terán unha redución do 50% da cota mínima durante os seis meses seguintes. A medida entrará en vigor en setembro ou outubro.