Este luns comeza a súa andaina Vigo Dixital, un novo diario na rede centrado na actualidade viguesa
Fálase
O Foro de São Paulo recoñece a Galicia como nación e apoia, nas súas conclusións, o proxecto soberanista catalán e o proceso de paz en Euskadi. No encontro participaron Ana Miranda, do BNG, e Lidia Senra, de AGE.
Javier Gómez Noya culminou este domingo o seu cuarto campionato do mundo de triatlón. A tamén galega Susana Rodríguez logrou o bronce na proba feminina de paratríatlon
O risco de incendios é hoxe "extremo" na provincia de Ourense e alto ou moi alto na maior parte do interior do país, segundo Medio Rural
Ourense en Común lanza o seu manifesto e inicia unha campaña de recollida de apoios para tecer unha candidatura cara ás municipais baseada na "confluencia" e nun programa de "participación cidadá e transparencia"
ERC sería a primeira forza política en Catalunya por riba de CiU; o PSC sería a terceria forza e Podemos, a cuarta, por diante do PP, de Ciutadans e de ICV, segundo unha enquisa de El Mundo
El Diario analiza o que implica "a fin da era Rouco" na Igrexa Española.
Case 400 docentes darán clase en máis dun colexio galego o vindeiro curso, segundo publica La Voz
- As fins de semana de agosto Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns, pasádeo ben!
A CIG leva á sede de PSA en Madrid a protesta polo despedimento de Paco e David, os dous traballadores despedidos de Citroën en Vigo