A presidenta da Comunidad de Madrid di "renunciar" ao seu suposto máster e culpa de eventuais irregularidades á Universidade Rey Juan Carlos. Está a contalo eldiario.es

A presidenta da Comunidad de Madrid di "renunciar" ao seu suposto máster e culpa de eventuais irregularidades á Universidade Rey Juan Carlos. Está a contalo eldiario.es
O Celta anuncia que ningún directivo sentará no palco de Balaídos mentres nel estea Abel Caballero e ata que o alcalde "deixe de atacar sen motivo a entidade".
Fernández Liñares, o ex-presidente da Confederación Hidrográfica e antigo edil socialista en Lugo considerado un dos elementos centrais da trama corrupta da Pokémon, asegura que "inventou" a súa confesión porque foi "presionado". Afírmao nunha entrevista que publica El Progreso
Montoro reitera que o referendo do 1-O en Catalunya "non se pagou con diñeiro público". Os líderes independentistas están acusados, entre outros delitos, de malversación por suposto desvío de fondos da Generalitat para o proceso soberanista. Son declaracións do ministro de Facenda a El Mundo
Comeza o xuízo na Audiencia Nacional contra oito mozos da localidade navarra de Altsasu acusados de terrorismo por unha pelexa con gardas civís que se enfrontan a unha petición total de 375 anos de cadea tras máis de 500 días en prisión preventiva.
Baltar desbota a Feijóo como remuda de Rajoy á fronte do PP e amósase partidario de que volva concorrer á Presidencia da Xunta en 2020. Afirmouno nunha entrevista Radio Galega
Unha manifestación impulsada pola Federación Galega de Caza defende ante o Parlamento esta práctica como "forma de vida". O colectivo declárase disposto a amosar a súa "fortaleza" nunha xornada de protesta que tamén se desenvolveu noutros puntos do Estado. (Vídeo: FGC)
VÍDEO | Milleiros de persoas maniféstanse en Barcelona pola liberdade dos dirixentes independentistas encarcerados ao berro de "liberdade presos políticos". A convocatoria foi apoiada por colectivos sociais, forzas políticas e sindicatos.
O Goberno de España considera "lexítimo e proporcionado" o bombardeo dos Estados Unidos, Francia e Reino Unidos en Siria. Tras máis de media década de guerra o Executivo de Rajoy dá por confirmado o "uso de armas químicas" no país, que aínda se comezou a investigar este sábado.
O Deportivo da Coruña aférrase á loita pola permanencia tras vencer 2-3 ao Athlétic en San Mamés