Baróns do PSOE e o Ibex frustraron a investidura de esquerdas a última hora, segundo conta Público. Pedro Sánchez contaba co si do PNV e a abstención do nacionalismo catalán para un acordo con Podemos, IU e as confluencias.
Fálase
Camps gravouse a si mesmo mentres presionaba un xornalista para que non publicase a información que o situaba como recadador da trama do PP en Valencia.
Galicia rexistrou xa esta tempada 910 ingresos por gripe, un 30% máis que o ano pasado. Sanidade dá por superada a peor época e asegura que a tendencia é decrecente.
Localizada en boas condicións nun hostal de Lugo a muller desaparecida na cidade, que dixo fuxir dos malos tratos dun home que xa foi detido.
Spotlight obtén o Oscar ao mellor filme e González Iñárritu repite como mellor director. Di Caprio, mellor actor. Velaquí todos os premios.
Clinton acada unha vantaxe difícil de superar para Sanders. Gaña as primarias de Carolina do Sur, un estado onde o 61% dos votantes demócratas son negros. O seu rival vence nas zonas con ampla maioría de brancos.
Facenda adxudicou a dedo a unha empresa de Villar Mir a nova sede do Tribunal de Contas. A Dirección Xeral de Patrimonio contratou sen concurso público o aluguer dun edificio polo que o organismo paga 150.000 euros ao mes.
#XVANBNG A lista de Ana Pontón gaña a Asemblea do BNG con 1.191 votos fronte a 170 votos da liderada por Carlos Branco. Toda a información, este serán en Praza.
VÍDEO Os efectos das nevaradas en Lalín e a súa contorna, dende o aire. A empresa Aerocámaras gravou estas imaxes durante a xornada do sábado dende un dos seus drons.
Feijóo insta a militancia do PPdeG a "alzar a voz por España", critica a "arrogancia" de PSOE, Podemos e Ciudadanos e esíxelles que "digan dunha vez se o destino é malo cunha novas eleccións ou peor, cun goberno de fracaso". Díxoo nun xantar de partido en Arteixo.