O Arquivo Pacheco amosa os seus fondos nunha exposición na Casa das Artes de Vigo. O fondo total supera as 140 mil imaxes da cidade entre 1910 e 1970.
O Arquivo Pacheco amosa os seus fondos nunha exposición na Casa das Artes de Vigo. O fondo total supera as 140 mil imaxes da cidade entre 1910 e 1970.
Novagalicia pecha "indefinidamente" a súa oficina de Moaña despois dun mes de acampada dos afectados pola estafa das preferentes ante a sucursal. En Moaña hai 986 afectados polas preferentes e subordinadas
Galicia, a comunidade onde máis sobe o paro en decembro, malia o descenso no conxunto do Estado. Hai 2.251 desempregados máis no país, 278.787 en total. En España, o paro baixa en 59.064 persoas pero hai 88.367 afiliados menos á Seguridade Social. Máis información, nuns minutos en Praza.
Paradores e sindicatos chegan a un acordo sobre o ERE presentado na empresa, polo que os despedimentos fican reducidos a 350 persoas. Non pechará ningún dos centros galegos -en principio ían facelo os de Ferrol e Verin-. O de Tui pechará tres meses por ano, os de Verín e Vilalba catro meses e o de Monforte farao 40 días.
O bono español a 10 anos rolda o 5%, un nivel no que non se movía dende marzo. O acordo nos Estados Unidos para evitar de momento o abismo fiscal fixo descender a prima de risco en 35 puntos na sesión de onte.
A crise fai que aumenten as altas de autónomos pero tamén que moitas persoas deixen de cotizar como tales. En 2012 as altas incrementáronse un 9% pero o número total de autónomos en España baixou en 50.000 persoas.
O apoio á Monarquía cae a un mínimo histórico do 54%, segundo unha enquisa que publica hoxe El Mundo. A aprobación de Juan Carlos baixa 6 puntos nun ano mentres o seu rexeitamento sobre 8 puntos até o 41%
O Goberno prevé prorrogar a ayuda de 400 euros para desempregados, que finaliza este mes de febreiro. O PSOE iniciara este martes unha campañan nos medios e nas redes sociais para presionar o Executivo de Rajoy neste senso e que incluia a etiqueta #salvar400e
A Junta de Andalucía oponse a festexar a Toma de Granada e declarala ben cultural. PSOE e IU consideran "inapropiado" celebrar a expulsión dos musulmáns, como reclamaba a Deputación de Granada, controlada polo PP.
Un home con problemas económicos quéimase ao bonzo na rúa, en Málaga. Ten queimaduras no 80% do seu corpo e o seu prognóstico é grave