A CIG publica un estudo de análise sobre as consecuencias da reforma laboral no relativo a despedimento, contratación, flexibilidade interna e negociación colectiva. Máis información na web da CIG.
Fálase
O ruso non será lingua oficial en Letonia, despois de que esa posibilidade fose masivamente rexeitada nun referendum que acadou un 71% de participación. Deste xeito, o letón, lingua propia do país, seguirá a ser a única lingua oficial, xa que o ruso perdeu ese status cando Letonia proclamou a súa independencia da extinta Unión Soviética. Máis información, no Portal Galego da Língua.
A Gran Vía de Madrid, cortada polos manifestantes
E a concentración de Vigo chegando á Praza da Farola (imaxe via @HMCarballeira)
Imaxe da concentración na Praza do Toural de Compostela (via @orlophe)
Imaxe da concentración na Praza de Pontevedra da Coruña en solidariedade cos estudantes valencianos (via @DRYCoruña)
Este é o argumentario distribuído polo Partido Popular valenciano entre os seus cargos para xustificar a actuación policial e deslexitimar as protestas estudantís
Concentracións galegas en repulsa pola violencia policial en Valencia: 19 horas - Ferrol, Praza de Armas. 20 horas - A Coruña, Praza de Pontevedra. Compostela, Praza do Toural. Vigo, Farola de Príncipe. Lugo, Praza Maior.
Deputados de IU, ERC e Compromís amosaron esta tarde no pleno do Congreso a súa solidariedade cos estudantes valencianos e a súa repulsa á violenta actuación policial. Amosaron cartaces e dende a tribuna Laia Ortiz (ICV) afirmou que "o Congreso non pode mirar para outro lado"
Este martes finou Xosé Reigosa Solleiro, activista do movemento ecoloxista e veciñal en colectivos coma Salvemos Monteferro, A Ría non se Vende ou Galiza non se Vende