Este é o argumentario distribuído polo Partido Popular valenciano entre os seus cargos para xustificar a actuación policial e deslexitimar as protestas estudantís
Fálase
Concentracións galegas en repulsa pola violencia policial en Valencia: 19 horas - Ferrol, Praza de Armas. 20 horas - A Coruña, Praza de Pontevedra. Compostela, Praza do Toural. Vigo, Farola de Príncipe. Lugo, Praza Maior.
Deputados de IU, ERC e Compromís amosaron esta tarde no pleno do Congreso a súa solidariedade cos estudantes valencianos e a súa repulsa á violenta actuación policial. Amosaron cartaces e dende a tribuna Laia Ortiz (ICV) afirmou que "o Congreso non pode mirar para outro lado"
Este martes finou Xosé Reigosa Solleiro, activista do movemento ecoloxista e veciñal en colectivos coma Salvemos Monteferro, A Ría non se Vende ou Galiza non se Vende
Milleiros de persoas concéntranse nestes momentos nas rúas de Valencia. Imaxe dende a redacción de 20 Minutos.
O PP afirma, a través do seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, que non está na axenda un adianto das eleccións previstas para marzo de 2013. Puy revelou que o propio Alberto Núñez Feijoo o dixo "claramente" este luns no Comité de Dirección do partido.
O Sindicato Unificado de Policía critica a carga policial en Valencia e pide o cese da delegada do goberno
A Liga Estudantil Galega convoca unha concentración ás 20:00 na Praza do Toural (Compostela), en solidariedade cos estudantes de Valencia
Oeste solitario, de Excéntricas, obra galega nominada aos Premios Max ao espectáculo revelación. Competirá o 30 de abril polo premio con outras trece representacións de todo o Estado. Está dirixida por Quico Cadaval e adaptada por Avelino González, e conta coas interpretacións de Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Marcos Correa e María Lado
PP e PSOE pactan un texto, co apoio de IU, CiU e PNV, para xestionar o fin de ETA, ao tempo que rexeitan a moción de UPyD que pedía a ilegalización de Amaiur. O texto pide a disolución de ETA e insta ao Goberno a manter diálogo cos gobernos vasco e navarro e cos partidos políticos "para favorecer os esforzos cara a unha convivencia social"