PP e PSOE pactan un texto, co apoio de IU, CiU e PNV, para xestionar o fin de ETA, ao tempo que rexeitan a moción de UPyD que pedía a ilegalización de Amaiur. O texto pide a disolución de ETA e insta ao Goberno a manter diálogo cos gobernos vasco e navarro e cos partidos políticos "para favorecer os esforzos cara a unha convivencia social"
Fálase
Hollande mantén unha cómoda vantaxe sobre Sarkozy nas sondaxes de intención de voto cara ás eleccións presidenciais francesas (32% a 25%) e tamén nunha segunda volta (59% a 41%). Marine Le Pen fica no 16%.
O goberno vasco estuda ampliar a reparación de vítimas da violencia estatal até 1960. O decreto acolle nestes momentos as vítimas entre 1968 e 1978, entre elas os activistas de ETA 'Txiki' e Otaegi, aínda que o goberno de Patxi López aclara non reparará a quen sufriran danos "no desenvolvemento de cualquera actividade violenta de motivación política". Segundo Gara, a casuística é diversa e contempla disparos en controis, disolución de manifestaciones e mesmo a morte producida á saída dun certame de canción en euskara nunha discoteca por disparos dun garda civil.
Un home, que atraveaba un mal momento económico, quéimase ao estilo bonzo diante dunha comisaría en Barcelona
O xefe superior de Policía da Comunitat Valenciana, Antonio Moreno, chama "inimigo" aos estudantes
O Goberno indulta cinco mossos d'esquadra condenados por lesións, tortura, malos tratos e detención ilegal, que volverán integrarse no corpo de Mossos.
"A (contra)reforma laboral do goberno do Partido Popular resumida en 20 puntos", de Carlos Hugo Preciado Domènech, maxistrado do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya
TVE grava un axente antidisturbios advertindo os estudantes de Valencia de que "xa xogamos un anaco" e agora "non van ser carreiriñas"
O deputado Joan Baldoví, de Compromís-Equo, confirma que foi golpeado pola Policía
A xornalista Anabel Díez, de El País, sinala que o deputado Joan Baldoví, de Compromís-Equo, recibiu "un porrazo" dos antidisturbios en Valencia